O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo (BUMEI) e no marco da programación da actividades polo 25N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres), está a organizar un obradoiro no que se traballarán diferentes contidos relacionados co empoderamento feminino. Será este xoves, día 28 de novembro, no Edificio Multiusos do Concello de Ourol de 10:00 a 12:00 horas.
“O obxectivo desta actividade é o de contribuír a mellorar o autoconcepto, a autoestima e o sentimento de autoeficacia nas mulleres. Para poder levarse a cabo esta actividade é necesario contar cun grupo mínimo de 5 mulleres. Para anotarse poden poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.559.109 e 677.489.457) ou coa asociación Bumei (teléfono609.837.645)”, explica o Concello de Ourol.