O Concello de Cervo organiza actividades polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero os días 23, 24 e 25 de novembro.
O acto central, en colaboración con Mujeres en igualdad Cervo, terá lugar o luns 25 de novembro, ás 19:00 horas, na Praza Nardo Martínez, en San Ciprián. Será un acto solidario baixo o título “Unha vela por ti” e a recadación das velas que se merquen alí irá destinada á vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental, da asociación Saúde Mental A Mariña.
Ademais o sábado 23 de novembro terá lugar un taller gratuíto de fotografía de luz negra a cargo de Diana Fajardo, para crianzas e persoas adultas. A inscrición pode facerse na Casa da Cultura ou no teléfono 982.59.51.57. E o domingo, 24 de novembro, ás 12:00 horas na Casa da Cultura farase o visionado dos traballos do taller e terá lugar a inauguración da mostra “Queremos Ser Libres”, de Diana Fajardo.