O Vicedo empeza as actividades do Samaín cun espectáculo de maxia este xoves, 24 de outubro

O Vicedo empeza as actividades dedicadas a celebrar o Samaín cun espectáculo de maxia este xoves, día 24 de outubro. Será na Casa da Cultura ás 17 horas.

O Concello do Vicedo anuncia: “esta semana, o xoves, teremos unha actividade que empezará a abrir boca para o Samaín.En Samaín toca...maxia é un espectáculo moi divertido, destinado principalmente ó público infantil e xuvenil, pero que todos poderemos desfrutar para pasar un bo rato na tarde. Animádevos a vir”.