A Asociación Veciñal de Mor, en Alfoz, organiza un magosto para o 26 de outubro

A Asociación Veciñal de Mor, no concello de Alfoz, organiza un magosto para o día 26 de outubro, sábado, a partir das 18:00 horas no pavillón de Alfoz.

“O próximo sábado 26 de outubro celebramos o magosto. Será cunha merenda composta de empanada, bolo preñado, castañas, viño e auga”, anuncia a Asociación Veciñal de Mor.

Para os socios do colectivo organizador e nenos ata 10 anos será gratuíto. Para os acompañantes dos socios e non socios o prezo é de 5 euros por persoa.

Para participar hai que inscribirse e o prazo remata o 23 de outubro.