Este domingo, 6 de outubro, haberá unha viaxe desde Barreiros para asistir a unha representación do Centro Dramático Galego en Santiago

O Concello de Barreiros anuncia: “viaxamos a Compostela para ver Terceiro Acto, unha produción do Centro Dramático Galego, o domingo 6 de outubro, desde a Praza do Concello. Hai 25 prazas e para anotarte chama ao 982.124.002 ou escribe a administracion@concellodebarreiros.gal. A admisión será por rigorosa orde de apuntamento. A actividade ten un custo de 5€ por persoa que se recadará no propio día da viaxe”.

A saída desde Barreiros será ás 14:45 horas e a función en Santiago empezará ás 18:00 horas.