Os escritores Ismael Ramos e Xaime Martínez participarán o 4 de outubro nun Encontro Literario na Libraría Bahía, en Foz

Ambos autores obtiveron o premio nacional poesía joven Miguel Hernández. Ambos son autores de poesía e as súas últimas obras son narrativa: A parte fácil, libro de relatos, de Ismael Ramos e La Fuerza, novela, de Xaime Martínez.

Ismael Ramos escribe en galego e Xaime Martínez en asturianu e ambos teñen as súas obras traducidas ao castelán.

Desde Libraría Bahía apuntan que “será moi interesante escoitar e preguntar a estes dos autores, moi novos e con importantes recoñecementos xa no seu haber, que teñen un enorme compromiso coa literatura e coas súas linguas propias. Este encontro forma parte do programa Afinidades Electivas, promovido pola dirección xeral do libro e a lectura do Goberno de España no que a Libraría Bahía ven participando desde o seu inicio, sendo este o quinto que celebraremos”.

O Encontro Literario terá lugar ás 20:30 horas este venres, 4 de outubro.