O Concello de Barreiros volve a ofertar clases de baile a partir de outubro. Realizaranse os mércores de 17:30 a 18:30 horas nos colexios vellos de San Miguel e de 19 a 20 horas no centro sociocultural de San Cosme. As clases estarán orientadas á iniciación nos bailes de verbena con modalidades como tango, bachata, salsa, vals, etcétera.
As clases serán impartidas por María Dolores González Alves, profesional recoñecida con anos de experiencia no baile e a docencia. Terán un prezo por persoa de 15 euros o mes e comezarán o día 2 de outubro. Toda persoa interesada deberá facer a inscrición nas oficinas do Concello de Barreiros ata completar prazas.
A actividade de baile súmase ás de ximnasia de mantemento, ioga, pilates, zumba e espalda saudable, actividades ofertadas nas escolas deportivas de adultos que se impartirán desde o mes de outubro ata finais do mes de maio e que superan as 200 solicitudes neste primeiro período de inscrición.