O Concello de Cervo anuncia que mañá, día 6 de setembro, regresan os Venres de Petiscos que propón a hostalería de Cervo e Sargadelos. A ruta, que conta coa colaboración da Administración local, retomarase con tapas elaboradas no Caseto de Copa, na Pousada O Almacén, na Taberna de Sargadelos e no Café Bar Cultural A Sacabeira.
A nova edición foi presentada esta mañá na Casa do Concello pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; e polos representantes dos establecementos participantes: Elsa Fernández, Tomás Mariño, Jessica Carrasco e Bruno González.
As tapas serviranse a un prezo de 2,50 euros e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local, entre as papeletas seladas cada semana nos catro establecementos.
Para este primeiro venres as propostas son as seguintes: Caseto de Copa, risotto ai fungí; Pousada O Almacén, salpicón de bonito; A Taberna de Sargadelos, guiso celta; e Café Bar Cultural A Sacabeira, torrada de guacamole e boqueróns.
As persoas interesadas en recibir información semanal, poden seguir as redes do Concello de Cervo e tamén a páxina de facebook oficial do tapeo “Ruta de Petiscos Cervo-Sargadelos”.