Ferreira do Valadouro celebrará as súas Festas do 8 do 6 ao 9 de setembro

Ferreira do Valadouro celebra as Festas do 8, que terán lugar o 6, 7, 8 e 9 de setembro e que prometen ser unha cita inesquecible.

O venres, 6 de setembro, a partir das 23:00 horas, darán comezo as festas co pregón a cargo de Ángeles Romero, seguido dunha gran verbena amenizada polo Grupo Puzzle.

O sábado 7 a festa continúa a partir das 14:30 horas cunha sesión vermú na que actuará o Grupo Fusión Latina. Ás 23:30 horas, a diversión proseguirá coa gran verbena a cargo da Orquestra Foliada, que animará a noite.

O domingo, 8 de setembro, ás 12:00 horas, terá lugar a tradicional misa solemne. Entre as 13:00 e as 14:00 horas os asistentes poderán gozar da actuación da Asociación Cultural Amado Lar. A sesión vermú estará amenizada polo Grupo Montreal, e a partir das 23:30 horas a verbena contará coa actuación do grupo Metrópolis.

Os festexos culminarán o luns, 9 de setembro, cunha misa solemne ás 12:00 horas, seguida dunha actuación da Banda de Música entre as 13:00 e as 14:00 horas. A sesión vermú contará coa música de Acordes, que tamén serán os encargados de pechar as festas cunha gran verbena a partir das 22:00 horas.