O 24 de agosto terá lugar en Barreiros a VI Concentración Retroclásicos. Será na praia de Coto

O vindeiro 24 de agosto a partir das 10:00 horas veciños e visitantes poderán desfrutar na praia de Coto dunha exposición de motos e coches clásicos na VI Concentración Retroclásicos, de Barreiros. Máis tarde, ás 14:30 horas, comida no restaurante A Yenka seguida dunha ruta polas praias de Barreiros. Ás 19:00 horas levarase a cabo a entrega de trofeos. Haberá premios para o participante máis veterano, ao participante máis novo e ao club máis numeroso. Ademais, entregaranse premios especiais ao participante máis lonxano, á moto máis antiga, así como ao coche máis antigo.

O prezo é de 35 euros para os adultos e de 15 euros para os nenos e nenas de ata 14 anos. Dito prezo inclúe inscricións, detalle, comida e sorteos.

Para inscribirse poden facelo no teléfono 697 35 60 90 (Pedro) ata o 22 de agosto.

O evento está organizado pola Asociación Retroclásicos de Barreiros coa colaboración do Concello barreirense e da Área de Deportes da Deputación de Lugo.