Festas na honra de San Antonio e San Cristovo en Masma, Mondoñedo, do 2 ao 4 de agosto

A parroquia de Masma está preparada para acoller do 2 ao 4 de agosto as tradicionais festas en honor a San Antonio e San Cristovo cun programa cheo de actividades para toda a familia.

O venres, 2 de agosto, ás 21:30 horas o catering Boavista de Abadín sevirá unha cea e despois haberá verbena con Dúo Belinda. 

O sábado, 3 de agosto, ás 13:30 horas terá lugar a misa solemne seguida dunha procesión. A continuación, os asistentes desfrutarán dunha sesión vermú con pinchos a cargo do Grupo Fénix. Ás 18:00 horas a festa contará cunha sesión “chillout” con Discomóbil Sanbet. A esa mesma hora, festa infantil con xogos populares e hinchables. Máis tarde, ás 19:00 horas, os nenos poderán recargar enerxías cunha merenda. Xa pola noite, ás 22:30 horas está prevista a verbena co Grupo Fénix e final de festa con Discomóbil Sanbet.

O domingo, 4 de agosto, ás 13:30 horas, terá lugar a misa solemne con procesión seguida dunha sesión vermú larga con pinchos e coa actuación do Dúo Belinda.

A organización contará cun amplo espazo de comidas e merendas, que se pode reservar nos teléfonos 6702550370e 647603359. Tamén hai un espazo grande para aparcar.

A Comisión desexa felices festas e agradece a colaboración de todos os veciños.