A Pontenova celebra o seu descenso de carrilanas este sábado, día 27, e o 4º Festival Internacional de Maxia entre o 26 e o 28 de xullo

Motor Eo, en colaboración con diversas entidades, organiza dúas actividades para a próxima fin de semana.

O 27 de xullo A Pontenova será o escenario dun emocionante evento de descenso de carrilanas, puntuable para as Copas Galicia e España.

As veirficacións técnicas e administrativas terán lugar desde as 10:00 ata as 13:30 horas. Ata as 14:30, os inscritos poderán gozar duns aperitivos xusto antes de iniciarse o remonte para comezar a competición, que incluirá unha quenda de adestramentos e dúas oficiais. Ás 20:00 horas, a xente poderá participar nun percorrido máxico polos bares da vila. A xornada culminará cunha cea e celebración na Praza dos Fornos ás 22:00 horas. O prezo dos tíckets é de 25 euros para adultos e 15 para nenos.

A vila acollerá tamén a cuarta edición do Festival Internacional de Maxia os días 26, 27 e 28 de xullo. O venres 26 ás 20:00 horas o grupo mariachi Sol de Galicia percorrerá diversos bares. Ás 00:00, Raymon e Román García actuarán no Lar de Balbina, mentres que Nuel Galán e Samuel Pons ofrecerán o seu espectáculo no Pub Rony á 1:00 da madrugada.

O sábado 27 ás 12:30 da mañá celebrarase unha gala infantil na Praza dos Fornos con Jessica Guloomal, Edu el Mago e Raymon. Pola tarde, Román García visitará a residencia de maiores ás 17:00 horas, seguido de Samuel Pons media hora máis tarde. Ás 19:30, dará comezo unha ruta máxica por San Briz, Barreiros e Bar Puente entre outros con Román García, Roberto Lolo, Samuel Pons e Raymon. A cea terá lugar na Praza dos Fornos ás 22:00 horas, cun custo de 25 euros para adultos e 15 euros para nenos. A continuación, haberá unha gala de maxia e unha festa con DJ e violinista.

E xa o domingo, día 28, ás 12:30 horas haberá de novo gala infantil na Praza dos Fornos con Roberto Lolo, Samuel Pons e Edu el Mago. Sesión vermú con DJ, hinchables e actividades para os máis pequenos. A gran gala final de maxia celebrarase ás 20:00 horas na Casa da Cultura, ata completar o aforo. Actuarán Raymon, Jessica Guloomal, Edu el Mago, Yao Xinge e Nuel Galán.