O Concello do Vicedo, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza a Semana e-makers, que terá lugar do 29 de xullo ao 2 de agosto na Casa da Cultura. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de 8 a 16 anos, con preferencia para aqueles empadroados no concello.
Durante esa semana os participantes terán a oportunidade de aprender e experimentar co modelado e impresión 3D, robótica e enxeñería, ademais da creación de videoxogos e animación. As actividades desenvolveranse en horario de 10:30 a 13:00.
A semana e-makers proporcionará unha experiencia educativa e divertida que fomenta a creatividade e as habilidades tecnolóxicas entre os máis novos.
Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden contactar a través do correo electrónico omix@concellodovicedo.org ou no teléfono 982 59 01 95.