A parroquia de Xudán, no concello de A Pontenova, celebrará as súas festas patronais esta fin de semana, do venres 19 ao domingo 21 de xullo.
As actividades empezarán o venres con churrascada e verbena amenizada polo dúo Epo-K.
O sábado ás 13:15 horas haberá misa solemne e despois procesión e sesión vermú co trío Tapyoka, que tamén actuará na verbena.
E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e a continuación haberá procesión e sesión vermú amenizada polo grupo de música tradicional Mestura de Nete.