O XLI Festival Folclórico Internacional do Emigrante, en San Miguel de Reinante (Barreiros), será o 3 de agosto

Chega, outro ano máis, o Festival folclórico internacional do Emigrante, en San Miguel de Reinante. O evento, organizado polo Concello de Barreiros e a Agrupación Folclórica O Arco da Vella, celebrarase o primeiro sábado de agosto, día 3, ás 21:30 horas.

Na súa cuadraxésima primeira edición contará coa participación de grupos de Arxentina e Kazajistán e coa agrupación O Arco da Vella.

A organización dá as grazas á Vicepresidencia da Deputación de Lugo, á Xunta de Galicia, a Abanca, ao Iberia CF e ao CEIP San Miguel de Reinante por colaborar con este evento.