A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias (AFAN), de Burela, organiza cursos gratuítos para coidadores de persoas con algún tipo de demencia os días 6, 7, 13 e 14 de xuño no municipio de Cervo, concretamente na Casa do Mar de San Cibrao.
Os días 6 e 13 de xuño serán de 16:00 a 18:00 horas e os días 7 e 14 de xuño desenvolveranse de 17:00 a 19:00 horas
As persoas interesadas en participar ponde inscribirse a través do teléfono 982.58.06.10, enviando un correo a gema.afan.burela@gmail.com ou na Casa da Cultura do Concello de Cervo.
AFAN Burela explica que “as prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición. Esta actividade está financiada pola doazón que o Festival da Luz realizou á Federación Alzhéimer Galicia e realizada grazas á colaboración do Concello de Cervo”.