A IX Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes celébrase en Ribadeo os días 24 e 25 de maio

Esta fin de semana, venres 24 e sábado 25 de maio, celebrarase en Ribadeo a IX Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) sobre "Pasado, presente e futuro do asesoramento. Homenaxe á Extensión Agraria". Será  no Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias.

A participación na reunión é de balde, pero é preciso inscribirse antes do 22 de maio, indicando día e intención de xantar ou non, chamando aos teléfonos 686.62.01.54 (Eloi) ou 628.71.32.63 (Víctor). O custe do xantar será de 20 euros.

Esta xuntanza está organizada pola SGPF e colaboran Concello de Ribadeo, Deputación de Lugo (Área de Medio Rural), Xunta de Galicia (Consellería de Medio Rural), AGACAL e CFEA Pedro Murias.