Presentouse no entorno das praias de Caolín e Vidreiro a cuarta edición do Trail do Vicedo, acto que contou coa presenza do alcalde, José Jesús Novo Martínez; membros do Club Lar Trail e Montaña, coorganizadores do evento; e Raquel Sánchez Pulgar, irmá de Natalia Sánchez Pulgar, impulsora deste trail. O evento terá lugar o domingo 19 de maio.
A organización anuncia que “igual que os anos anteriores hai tres probas: un trail de 25 quilómetros, outro de 15 quilómetros e unha andaina, tamén de 15 quilómetros, que discorren por unhas paraxes espectaculares como son o entorno do Fuciño do Porco, as praias de Area Grande, Xilloi, Caolín e Vidreiro. Hai que destacar algunhas novidades respecto a outras edicións: acúrtase o trail longo a uns 25 quilómetros; hai varios tramos novos, sobre todo no inicio do trail longo e en zonas da costa onde se pasa máis cerca do mar, de maneira que as paraxes que se percorren son espectaculares; coa inscrición este ano os corredores e camiñantes teñen incluída a comida na carpa instalada ao efecto na zona de meta. Tamén haberá outros servizos como as duchas no polideportivo municipal”.
Todos os presentes na presentación animaron a inscribirse na páxina web https://inscripciones.galitiming.com/.../4o-trail-do.../ e lembraron que a inscrición vaise pechar o luns ás doce da noite.