A Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa unha nova edición da Copa Deputación de Piragüismo, unha liga provincial de seis regatas, que se celebrarán en Portomarín, Ribadeo, San Cibrao, Viveiro, Foz e Lugo entre maio e setembro.
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o deputado de Mocidade, Daniel García, presentaron a competición en Foz, xunto a representantes do Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo e da Federación Galega de Piragüismo.
A competición organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs de augas tranquilas da provincia a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e facilitando polo tanto que deportistas de categorías poidan disfrutar do aliciente que supón competición, sen grandes desprazamentos.
Cada regata é organizada por un club, facilitando así que a actividade deportiva pero tamén económica e social que xeran as probas, que reúnen unha media de 200 palistas, se distribúa por toda a provincia, especialmente, na comarca da Mariña, onde se concentran catro das probas.
O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e o deputado de Mocidade, Daniel García, valoraron o traballo que realizan os clubs coas categorías de base” e sinalaron que “desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo tratamos de apoiar ese esforzo de forma integral, dando soporte económico a competicións como a liga provincial e impulsando tamén iniciativas formativas nos propios clubs e nos centros educativos”.
O 7 de xullo será a regata en Ribadeo, organizada polo Club Altruán.
O 28 de xullo será en San Cibrao (Cervo) e organiza Club de Piragüismo de San Ciprián.
O 18 de agosto disputarase a de Viveiro, organizada polo Club de Piragüismo de Viveiro.
E o 7 de setembro será en Foz e organiza o Club Kayak.