A asociación Barrio dos Muíños, de Mondoñedo, organiza unha comida popular para o día 26 de maio, domingo. Haberá carpa e sesión vermú, amenizada por Eventec Discomovil.
A organización explica que será “un convivio das xentes do barrio dos Muíños. Queremos principalmente contribuír a un reencontro de toda esta veciñanza. Animádevos todos: os socios e socias, veciños, veciñas e persoas que nos apoiades para facer mellor este barrio, que é de todos, das xentes de aquí e de acolá”.
A venda de tickets para participar farase ata o día 20 de maio.