Os días 6 e 7 de abril celébranse as Festas de San Isidoro en Penasagudas-Monte, en Xove

Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as festas patronais da parroquia en honra a San Isidoro os vindeiros 6 e 7 de abril, con arranxo ao seguinte programa:

SÁBADO,  6  DE ABRIL:
   -13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
   -14:00 horas.- Sesión Vermú co Dúo Belinda.
   -15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente hai que chamar ao tfno: 646 647 619.
   -17:00 horas.- Verbena con: Dúo Belinda e Grupo Fénix. Para esta verbena a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de pasodoble, 1 trofeo para mellor parella de bachata.

DOMINGO, 7  DE ABRIL:
   -10:00 horas.-  Xuntanza Cabalar e Paseo Sendeirismo (a pé ou a cabalo), organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 646 647 619.
   *Nota importante sobre a ruta a cabalo.- “Cada xinete participante na Xuntanza será responsable dos desperfectos ou danos que poida producir xunto co seu cabalo tanto a bens como a persoas, incluídos os danos a sí mesmo e ao seu cabalo.

   -14:00 horas.- Sesión Vermú cunha actuación estelar
   -17:00 horas.- Despois de xantar,  baile e verbena cunha actuación estelar.
   A Comisión de Festas dispón dunha carpa na cal se realizarán os bailes dos dous días da festa.
   A Comisión tamén quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.