
As nenas e os nenos poderán gozar dos inchables e da ludoteca en San Ciprián desde o martes ata o xoves en horario de 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes.
As actividades enmárcanse na programación de Nadal organizada polo Concello de Cervo.
Ademais este martes, día 26, Tarabelos presentará o espectáculo de monicreques “O novo traxe do rei”. Será ás 19:30 horas na Praza do Souto en Cervo. Colabora con esta cita a asociación Airiños do Xunco.