A Banda de Música de Foz celebrará o seu 30 aniversario cunha cea baile o 25 de novembro, sábado. Será na Sala Bahía a partir das 20:00 horas.
O evento empezará co concerto da Banda focega para conmemorar a festividade da patroa dos músicos, Santa Cilla, no que estarán acompañados pola asociación folclórica e cultural A Subela e varias voces. Para asistir a esta actuación a entrada é libre. Despois terá lugar a cea e a continuación haberá baile amenizado polo grupo Toxo Guayaba e Eventec Discomóvil.