As dúas vindeiras semanas o cine será o protagonista. Volve o Ciclo Mestre Mateo en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, presentou a programación completa na que se poderá gozar das mellores películas e documentais deste ano, no que ademais haberá dous filmes para as/os máis pequenas/os.
Mércores, xoves e venres ás 20 horas para os documentais e películas e os domingos ás 17:30h para a animación infantil. A entrada é de balde.