A Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o 31 de outubro unha mostra pictórica de Xosé López Losada "Xolo", composta por 21 obras seleccionadas polo artista entre máis de 600 creacións que ten na súa colección persoal.
Na inaguración da mostra que se poderá visitar durante todo o mes de outubro, o artista estivo acompañado pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente alcalde, Mali Méndez, por unha representación do tecido asociativo e social da Mariña, e por moitos dos membros da familia da asociación Saúde Mental A Mariña, da que forma parte Xolo, encabezada pola directora técnica xeral da entidade, María José Nóvoa.
O artista agarda que a veciñanza desfrute moito das súas pinceladas baixo o título "Arte con futuro".