A Comisión de Festas presentou o programa das actividades das festas do Naseiro ou Romaxe do Bo Xantar deste 2023. Entre os días 25 e 30 de agosto poderase desfrutar de diferentes actuacións musicais, atraccións infantís ou degustacións gastronómicas. A festa, declarada de Interese Turístico Galego, conta con colaboradores como o Concello, a Xunta ou Gadis.
O Naseiro dará comezo o venres 25 co Día do Polbo, que será amenizado por Charanga. Para seguir, o sábado 26 ás 13.30 horas haberá misa na Capela do Campo da Festa e procesión, seguida dunha sesión vermú e verbena cos grupos Superstar e Atenas. Igualmente, o domingo 27 tamén está programada unha misa na capela e vermú e verbena cos grupos M3 Show e Kalima 3.0.
Os días 28 e 29 poderase desfrutar unha vez máis de sesión vermú e verbena. Nesta ocasión, será o luns con Suavecito e Zona Cero e o martes con Fénix e Arizona.
Para rematar, o mércores 30 será o Día do Neno no que os máis pequenos terán atraccións no campo da festa para divertirse a prezos populares.