Viveiro acollerá o próximo mércores, 9 de agosto, a VII Carreira Popular de Viveiro #TODOSCONADRY, que servirá tamén de homenaxe a Adrián Ben.
No acto de presentación da carreira participaron o propio Adrián Ben; a alcaldesa, María Loureiro, e o concelleiro de Deportes, Eleazar José Rodríguez Abuín.
O día 9 desde ás 20:00 horas na praza Maior, celebraranse as carreiras nas categorías Pitufos (2016 e posteriores); Sub10 (2014-2015); Sub12 (2012-2013); Sub16 (2008-2009); Sub14 (2010-2011), e Absoluta (2007 e anteriores).
Loureiro e Rodríguez Abuín destacaron o carácter da proba, “para todas as idades e co obxectivo de facer deporte nun ambiente familiar”.
Adrián Ben, en plena preparación do Campionato do Mundo, agradeceu a organización da proba e a homenaxe.