Organizadas pola agrupación cultural Francisco Lanza as XXI Xornadas de Historia Local terán lugar os días 27 e 28 de xullo ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Música.
Xoves 27, ás 20,30
Charla informativa: Os usos do monte ao longo do s.XX
Xosé Antonio Meixide Fernández. Funcionario da Consellaría de Medio Rural.
Foi asesor na Dirección Xeral de Montes cando o goberno bipartito.
Venres 28, ás 20,30
Mesa redonda: Presente e futuro dos usos do monte.
Ana Cabana. Profesora de Historia no Campus de Lugo da USC.
Usos do monte e conflitividade social.
David Soto Fernández: Profesor de Historia Económica na USC.
Novas perspectivas nos usos do monte: o caso do Barbanza.
Anxo Martíns Pérez. Foi profesor de Administración de empresas no IES Porta da Auga. Impulsou a creación dunha UXFOR en Vilaframil. É presidente da Comunidade de Montes de Vilaframil.
Os usos do monte na parroquia de Vilaframil.
Iván Rodríguez Lombardero. Xeólogo ambiental, Doutor en Ciencias pola UPM.
O impacto dos aeroxeradores nosusosdomonte.
Organiza: A.C. Francisco Lanza.
Colabora: Concello de Ribadeo.