O Concello de Ourol organiza un percorrido con dezasete puntos de visita pola arquitectura indiana do municipio os días 5 e 6 de agosto. Comezando na Casa de Puentes e rematando co Cemiterio Indiano de Xerdiz. A ruta realizarase nun autobús propio da arquitectura da época.
Precísase de previa inscrición, que se abrirá a mediados do mes de xullo. Ademais pode recibirse máis información no teléfono 982.55.90.19. Tamén existe un mapa interactivo no que se poden ver imaxes dos edificios e paradas que se farán durante a visita. Cada un dos dezasete recursos conta con información específica accesible dende a web de Turismo de A Mariña Lucense.
O proxecto está organizado polo Concello de Ourol pero conta co apoio da Mancomunidade de A Mariña Lucense, con cargo ao Plan de Sostebilidade Turística da Mariña Lucense, cofinanciado pola Secretaría do Estado de Turismo, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.