Durante a noite do venres 14 e toda a xornada do sábado 15 de xullo celebrarase unha nova entrega do Mercado Medieval de Alfoz. Un ano mais este concello transporta aos seus visitantes e á veciñanza séculos atrás. Todos eles poderán gozar de variadas actividades lúdicas para a ocasión baixo o lema “Entorno e Lenda”.
Instalaranse distintos postos da época entorno á artesanía, alimentación así como obradoiros, espectáculos, actividades teatrais e xogos na rúa. E deixaranse ver persoas caracterizadas como guerreiros, membros eclesiásticos ou das familias máis memorables.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse aos teléfonos 982-558-581 e 600-377-152, ao correo electrónico turismoalfoz@gmail.com ou á páxina de Facebook Mercado Medieval de Alfoz.