O venres, 17 de marzo, ás 20:30h no Salón de Actos da Casa da Cultura, de Alfoz, terá lugar a actuación de Caxoto con "Micromachista eu??" para fomentar a igualdade e conmemorar o Día Internacional da Muller, 8 de marzo.
Coma sempre a entrada será gratuíta para poder disfrutar de 60 minutos de espectáculo dirixido a público adulto e adolescente e reflexionar con humor sobre a igualdade e nós mesmos.
"Micromachista eu??” Certa vez falando de igualdade para un grupo de persoas adultas un home indignado foise da xuntanza preguntándolle ao mundo unha e outra vez sen dar creto “micromachista eu?”…
Esa é a reacción normal que temos cando alguén nos insinúa que podemos estar tendo unha actitude ou comportamento sexista. Poucas veces a persoa que se indigna sabe realmente identificar cales son estas actitudes ou comportamentos machistas.
Nesta función Caxoto relatará dende a súa comicidade habitual, a súa experiencia como narrador oral á hora de traballar a igualdade de xénero dende o escenario. Unha experiencia que reflexa a realidade da educación en xénero dentro das nosas escolas, das nosas familias, da nosa sociedade. Unha análise de quen somos e de onde vimos para trazar mellor unha meta á que chegar. A meta da igualdade real entre homes e mulleres...