AciaFozCCA sorteou hoxe os 1.500 euros en vales de compra da súa campaña de San Valentín. Os premios serán entregados o vindeiro venres, 24 de febreiro, ás 20:00 horas no Cenima.
As persoas afortunadas cun vale de 50 euros son: Sobrino Ennoury (por unha compra realizada en Electrodomésticos Celso); Pilar López (en Chinela Nenos); Pilar Carballeira (en Librería Bahía); Carmen García (en Vas’s); Myriam Pérez (en Decoraciones Pura); Ana Mª Estévez (en Arrullos); Tamara Neira (en Clínica Maas Saúde); Raquel Expósito (en Cenor Belianorte); Yolanda Vázquez (en Alain Afflelou Óptico); y Pili Veiga (en Carnicería Mercedes).
E os premiados cun vale de 100 euros son: Juan Manuel Arias (por unha compra feita en Fabeiro Arte Floral); Xesús Blanco (en Centro Óptico Eliseo); Victoria Celada (en Ofifoz); María Couto (en Salai Campo); José Fernández (en Infotec); Rita Rodríguez (en Mercería Vera); Remedios Cabaleiro (en La Flor Abulense); Cristina Legaspi (en Pastelería Xoyma); Stefanía Grisales (en Calzados Pirde); e Manuel Fernández (en Ginzo Hombre-Mujer).
O sorteo celebrouse esta mañá nos estudos de Radio Foz. No mesmo entraron todas as persoas que realizaron as súas compras de San Valentín entre o 3 e o 14 de febreiro nos establecementos adheridos a esta campaña.
AciaFozCCA contou coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.