A Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo organiza un taller de elaboración de xabóns para o 4 de febreiro, sábado. Será de 17:00 a 20:00 horas na Escola do Vilar.
O aforo está limitado a 25 persoas e hai que inscribirse previamente a través do teléfono 649.418.902.
Esta actividade, que ten un prezo de 10 euros, inclúe teoría, materiais, a elaboración de dous xabóns, información impresa e mostra para levar.
A organización comenta que “o sábado 4 de febreiro pola tarde sacaremos os cacharros, as potas, a nosa culler de pau, mesturaremos compoñentes, faremos química e aderezaremos con plantas e follas que temos nos nosos campos. Queremos que veñades compartir con nós unha tarde agradable”.