Alfoz continúa co Mes do Teatro. O vindeiro sábado, 12 de novembro, ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura Lume Escénico, o grupo de teatro da Pontenova, presenta "Albergue Casa Amarelo. O misterio da Via Rexia" dentro do Ciclo "Elemental?" do Circuíto de Teatro Afecionado 2022 da Área de Cultura da Deputación Provincial.
Comedia. A partir de 12 anos.
Sinopse: A Vía Rexia é a máis antiga do Camiño Norte de Santiago, pero fai séculos desapareceu dos mapas e escritos peregrinos. A razón? un misterio que debe ser resolto na mesma aldea de Xudán. Hai xudeus e xudías en Xudán? O mesmo Paco que ocupa no Vaticano o lugar de Pedro o pescador, busca unha resposta. O grande misterio da cristiandade será revelado.