Desde a asociación cultural Saiñas sinalan que “despois de 2 anos e medio estamos en disposición de celebrar a XV Festa do Lacón e Foliada da Mariña en Xove (Lugo) o sábado 19 de novembro e encantaríanos poder contar cos tod@s vos”. Será no pavillón de Xove.
E explican que “haberá pola tarde obradoiros con Imavi Complementos Iria Pigueiras e Xaneco Tubío. Despois suculenta cea e chocolatada e sorteos de estancia en hotel por un lado e mariscada para 2 persoas en Restaurante Louzao por outro”.
A foliada dará comezo ás 22:30 horas con Cordenaia, de Cervo, Os do 21, de O Vicedo, gaiteiros e cantareiros de Saiñas, de Xove, e hai previstos máis grupos por concretar.
Os organizadores engaden: “agradecemento especial ó Concello de Xove e colaboradores Establecementos Rey Oficial, Pizzería Onde Sempre, La Cívica Xove, Restaurante O Refugio, Pulpería Mario de Viveiro e Estética Marta, sen os que isto se cadra non sería posible”. Está aberta a venda anticipada de entradas ao prezo de 9 euros.