O Observatorio da Mariña pola Igualdade coa colaboración de Nomenklaturas Gestión Cultural trae ata a Mariña o II Festival de Cine de Mulleres.
Segundo explican “coa idea de achegar historias con perspectiva de xénero e protagónico feminino ao rural da nosa comarca”.
Serán 4 sesións de cinema, dúas en Xove e dúas en Alfoz, onde poderán
desfrutar de Julia, un clásico do cine dos 70 e das longametraxes contemporáneas. Tamén El secreto de las abejas, da directora Annabel Jankel e As guardianas, filme francés ambientada en plena guerra mundial.
Na Aula de Formación do Concello de Xove proxectarase o 11 de novembro Julia e o día 12 El secreto de las abejas. Serán ás 19:30 horas e despois haberá un coloquio.
E no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz o 18 de novembro proxectarase Julia e o 20 As guardianas. Neste caso serán ás 19:00 horas e despois das películas haberá coloquio.
A entrada será de balde