Viveiro acolle este sábado, día 17 de setembro, a XXXIV Marcha Cicloturista Concello de Viveiro.
Trátase dunha proba non competitiva, que sairá da praza Maior ás 15.00 horas e finalizará no Monte San Roque, previsiblemente ás 19:00 horas.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, estivo con membros da Peña Ciclista Lar Viveiro presentando a marcha.
É unha proba inscrita no Calendario Oficial da Federacion Galega de Ciclismo. Está prevista a asistencia duns 200 participantes, que deberán ser maiores de 16 anos.
“Quero agradecer o traballo da peña Lar viveiro, organizando unha marcha que transcorre por estradas dos concellos de Viveiro, Xove, Cervo, O Valadouro e Ourol, combinando deporte e natureza”, explicou Loureiro.