A Romaría do Naseiro, en Viveiro, terá lugar do 26 ao 30 de agosto. O Concello fixo público un bando coas normas básicas para a súa celebración.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, fixo publicou un bando coa normas básicas para a celebración da Romaría do Naseiro, entre os días 26 e 30 de agosto.

Co obxectivo de manter a esencia desta romaría, así como o de protexer a súa imaxe e o privilexiado entorno no que se realiza, “é preciso que todos colaboremos respectando as seguintes indicacións para o benestar, a seguridade e a convivencia cívica”, asegura a alcaldesa.

Prohíbese realizar cerramentos das parcelas con plásticos negros, ou outros materiais non acordes co entorno.

Prohíbese facer lume preto das arboledas e en todo caso fora dos espacios habilitados ao efecto.

Recórdase que as inmediacións da romaría contan con sanitarios, pregando aos romeiros o seu adecuado uso. 

Os residuos deben depositarse nos contedores instalados para tal fin, respectando a recollida separada dos mesmos. 

Todo os elementos, obxectos ou enseres que os romeiros utilizen para a celebración da romaría deberán ser desmontados e/ou recollidos ó finalizar a mesma.

Así mesmo, lembrase a todos os romeiros que dado que a romaría se celebra nun espazo natural protexido incluído na Rede Natura 2000 e nun entorno fluvial, é preciso respetar dito entorno e as normas que o protexen e que establecen os organismos competentes.

Por último, pido a todos os veciños e invitados a colaboración no cumprimento do presente Bando, desexándolles o disfrute dun feliz Naseiro.