A proba disputarase o sábado e o domingo na Piscina Municipal Olímpica. Competirán 233 nadadores de 27 clubs de toda Galicia
O rexedor, Alfonso Villares, recordou que é a segunda proba desta magnitude que acolle a piscina en menos dun mes, logo do Galego Alevín que tivo lugar en xuño, “grazas ás privilexiadas instalacións que temos no Concello e á estreita colaboración que mantemos co CN Xove, que atraen este tipo de campionatos cun gran impacto para a nosa zona xa que se estima que se despracen a Cervo unhas mil persoas na fin de semana”.