Raquel Queizás

29/07/2024

Este mércores, 31 de xullo, ás 19:30 horas en Ribadeo, no Parque de San Francisco (en caso de choiva farase no Cine Teatro), Raquel Queizás ofrecerá unha sesión de contacontos baixo o título "Somos iguais". Organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, asociación feminista da Mariña con máis de 15 anos de andadura.

O Observatorio da Mariña pola Igualdade explica que “nesta obra Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de princesas rosas e apoucadas e de príncipes azuis e insensibles e un día dixo: Basta xa!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos somos iguais. Si, igual de valentes e igual de sensibles. Descubriremos historias de nenas e nenos (ou animais) que rompen os estereotipos que abundan nos contos...

leer más