O Concello de Xove confirma que, este ano, haberá desfile de Entroido que se celebrará o sábado 26 de febreiro.
A Concellería de Cultura xa sacou as bases do Gran Desfile que percorrerá as rúas de Xove e no que se entregarán 4.910 euros en premios.
Haberá premios nas categorías de Carrozas, Comparsas e Grupos de dez ou máis persoas, Grupos de Adultos de tres a nove persoas, Parellas de Adultos, Individuais de Adultos (de 14 anos en diante), Grupos Infantís de tres a nove persoas, Parellas Infantís e Individuais Infantís. Tamén haberá premios para o disfrace máis orixinal tanto individual como colectivo, para o conxunto máis numeroso, para o participante máis maior e para o participante máis novo.