O Auditorio Municipal de Burela acollerá este venres, día 17 de decembro, o espectáculo Polafía Burela. Dará comezo ás 19:00 horas e a entrada é libre ata completar aforo.
A actuación será un homenaxe ao grupo Batuko Tabanka, Mestras da Memoria 2020.
Intervirán xunto a Batuko Tabanka: Banda Krioula, Acordeonistas da Mariña, Bernardo Penabade e Lois Pérez.
A actividade está organizada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e subvencionada pola Deputación de Lugo e CEDRO, coa colaboración do Concello de Burela e Casa da Cultura.