A axenda feminista 2022 do Observatorio da Mariña pola Igualdade está dedicada ás deportistas galegas.

Como vén sendo habitual por estas datas, o Observatorio da Mariña pola Igualdade acaba de editar a Axenda Feminista 2022 que xa está dispoñible en diferentes puntos de venta.

Non podía faltar este clásico do Observatorio que xa vai pola súa doceava edición e que, un ano máis, escolle a 12 mulleres para protagonizala.

Nestes últimos anos a axenda centrouse en ámbitos diferentes como foron as mulleres do sector primario, ilustradoras, cociñeiras…, e para o este vindeiro 2022 e logo dun ano tan olímpico, o Observatorio decantouse por poñer en valor e visibilizar ás Deportistas Galegas.

O deporte é un campo no que nos últimos anos no que se avanzou en dereitos e visibilidade para as mulleres pero no que sen dúbida aínda queda moito traballo por facer, de ai a nosa pequena aportación para poñer en valor o deporte e deportistas femininas.

Para o Observatorio da Mariña pola igualdade é un orgullo poder contar con todas as candidatas, algunhas delas mariñás e que nos acompañarán na presentación da axenda, que terá lugar o vindeiro xoves 18 Novembro ás 18:00 horas no IES Monte Castelo de Burela.
E o venres 19 Novembro levaremos a nosa axenda ata Compostela para a súa presentación na libraría de Mulleres Lila de Lilith.

A Axenda Feminista 2022 modifica este ano o formato de axendas anteriores volvendo ao formato de tapa duro e cun deseño de tapas que correou a cargo da tamén mariñá e ilustradora Codés Lillo.

O prezo da axenda son 15€ e pódese atopar nos seguintes puntos de venta:
• Ribadeo: Libraría Casa das Letras.
• Foz: Libraría Bahía.
• Burela: Libraría Espacio Lector Nobel.
• Viveiro: Libraría Porta da Vila.
• Lugo: Libraría Trama
• Santiago de Compostela: Libraría de mulleres Lila de Lilith.
• Ourense: Libraría Punto e Coma
• Pontevedra: Libraría Paz.