O grupo Itaca Teatro porá en escena a obra Formigas no peto no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, este sábado, 6 de novembro, ás 20:30 horas.
Trátase dunha proposta innovadora e orixinal que une a narración oral co teatro de imaxes e personaxes moi recoñecibles e familiares vencellados á nosa historia cotiá dende as nosas avoas ata nós mesmos.
O protagonista desta historia entra no Bazar da Memoria e dende alí cóntanos, sinte e viaxa por momentos e emocións da súa patria que é, nin máis nin menos que, a súa infancia ou a nosa.
A obra está dirixida por José Campanari, quen é o autor xunto a Ana Carreira, e interpretada por Carlos Rebolo.
A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou en rbg.cultura@viveiro.es.
Colaboran na organización desta actividade: Concello de Viveiro e Vicepresidencia da Deputación de Lugo.