O Concello de Barreiros programa actuacións musicais e espectáculos infantís para esta fin de semana.
O sábado, 2 de outubro, actuará o Cuarteto Illa Pancha, que ás 12:30 horas ofrecerá un pasacalle por San Miguel.
O domingo, 3 de outubro, ás 12:30 horas no centro sociocultural de San Cosme, estarán Pakolas e Laura Romero co espectáculo infantil Ti debuxas, eu c@anto, enmarcado no programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.