Este xoves, 16 de setembro, no Castelo de Castro de Ouro, poderase visitar a exposición Kinético de Xirapaus, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Está organizada en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Kinético é unha exposición na que se poden atopar personaxes musicais que, a partir de mecanismos, crean sons e ritmos, historias e contos, que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal. Son bonecos que se moven e andan sos, un teatrillo de monicreque automatizado homenaxe do tradicional monicreque de cachiporra, efectos especiais recorrentes no teatro. A idea desta mostra é que os asistentes poidan xogar manexando os mecanismos das pezas e ver como funcionan. En horario de mañá acudirá o alumnado do CEIP Castro de Ouro de Alfoz.
Xirapaus é un proxecto de Manu Taboada, fabricante de xoguetes da Chintofanería, e Ero Vázquez, titiretero e artesán de Trécola, que xurdiu co propósito de dar e poñer en valor o universo dos autómatas.