A Feira do Libro de Foz celebrarase desde este xoves, día 19, ata o domingo 22 na Praza Conde de Fontao de 17:30 a 22:00 horas.
O lema é Libros no Camiño e será inaugurada mañá, xoves, ás 19:00 horas co pregón a cargo de Marilar Aleixandre e ata o domingo haberá 15 actividades de presentacións e sinatura de publicacións, ademais de recitais poéticos e musicais.
Participarán a Deputación de Lugo, Librería Aguirre, Editorial Planeta, Libraría Pedreira, Aenea, Libraría Cortizas e Librería Bahía. Ofrecerán un desconto do 10 por cento en todos os libros.
A feira está organizada pola Federación de Librarías de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Foz.