O Concello de Ribadeo organiza 10 percorridos guiados gratuítos en xullo, agosto e setembro para amosar o patrimonio natural e cultural.

A Área de Economía, Turismo e Desenvolvemento Local organiza este verán 10 percorridos guiados gratuítos, a través dos que se poderá descubrir o importante patrimonio natural e cultural de Ribadeo. Trátase dunha serie de rutas para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos moi diversos tanto dende o punto de vista natural como cultural. No acto de presentación participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Turismo e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, e a técnica de Turismo do Concello ribadense, Begoña García. 
 
Vizoso Galdo explicou que “este ano, como novidade incorpóranse novos percorridos guiados, como o do Ribadeo Antigo co que nos trasladaremos a tempos pasados, de segredos lendas e historias, para ver esta vila con outros ollos. E tamén teremos novas Xeorutas. Neste caso a protagonista será a Ría de Ribadeo, descubriremos a súa orixe, a súa evolución e as formas que xerou nesta a erosión mariña e fluvial”.
 
O edil ribadense indicou que “como produto estrela este verán contaremos con 2 visitas teatralizadas, una polo Ribadeo Ilustrado e outra polo Camiño do Encanto. A do Ribadeo Ilustrado, da man do grupo de teatro Os Quinquilláns, descubriranos un dos momentos de maior auxe económico de Ribadeo, no que o seu porto alcanzou unha posición de primeiro nivel no Cantábrico Hispano. Comezará o 15 de xullo e terá lugar todos os xoves de xullo, agosto e setembro ás 20.30 horas. E coa do Camiño do Encanto percorreremos algúns dos atractivos máis singulares do interior de Ribadeo: o Pazo de Cedofeita, as Pegadas do Encanto e o Santuario de Nosa Señora das Virtudes con relatos teatralizados, que nos permitirán afondar nos valores e historia do patrimonio interior de Ribadeo. Esta visita será o 18 de xullo, o 1, o 15 e o 29 de agosto ás 10:30 horas”. 
 
O concelleiro de Turismo e Desenvolvemento Local dixo que “nos camiños, que percorreremos en autobús, poderemos apreciar todos os valores de Ribadeo asociados ao mundo da gandería e a agricultura, culminando na praza de abastos para ver de cerca os froitos da nosa terra”.
 
RIBADEOXNATURAL 
Dende o punto de vista natural darase unha ampla visión do importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral, que vai dende o conxunto de arcos rochosos máis importantes da península ata a maior estrutura xeolóxica da mariña lucense. Así, organízanse desde o Concello de Ribadeo 4 Xeorutas. 
 
1. Xeo-ruta dos Arcos para explorar o conxunto de arcos rochosos máis importante da península Ibérica. 
 Xullo: xoves 8 e 22.
 Agosto: martes 10 , xoves 12, martes 24 e xoves 26.
 Setembro: martes 7 
 Setembro: xoves 9 e venres 10 (Edición especial)
Duración: 45 minutos. Distancia a pé: 1,5 quilómetros. Dificultade: baixa.
Punto de encontro: Punto de Información Turística da Praia das Catedrais. 
 
2. Xeo-ruta da Ría para descubrir a orixe da ría de Ribadeo, a súa evolución, e as formas que xerou nesta a erosión mariña e fluvial.
• Xullo: xoves 1, martes 6 e martes 20. 
• Agosto: martes 3, xoves 5 e martes 17. 
• Setembro: xoves 2. 
Duración: 3,5 horas. Distancia a pé: 6,5 quilómetros Dificultade: baixa.
Punto de encontro: Oficina de Turismo de Ribadeo
 
3. Xeo-ruta dos Pregues para mostrar unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña Lucense, o gran pregue que se estende dende a Ría de Foz ata Ribadeo.
• Xullo: xoves 29 
• Agosto: martes 31 
Duración: 3 horas. Distancia a pé: 4 quilómetros. Dificultade: baixa.
Punto de encontro: na área recreativa da Areosa (Piñeira). 
 
4. Xeo-ruta do Ollos para gozar dos tesouros xeolóxicos deste treito litoral e do fermoso pobo mariñeiro de Rinlo.
• Xullo: xoves 15 e martes 27. 
• Agosto: xoves 19.
Duración: 3 horas. Distancia a pé: 5 quilómetros. Dificultade: baixa.
Punto de encontro: praza de Santa Catarina en Rinlo. 
 
*Os horarios están en función das mareas, consultar durante a reserva.
 
RIBADEOXCULTURAL
A través de 4 roteiros guiados e interpretados e 2 visitas teatralizadas, poderase gozar do fascinante patrimonio cultural e etnográfico presente en cada recuncho da vila e tamén do interior do Concello:
 
1. Visita teatral ao Ribadeo Ilustrado da man do grupo de teatro Os Quinquilláns.
• Xullo: xoves 15, 22 e 29 
• Agosto: xoves: 5, 12, 19 e 26 
• Setembro: xoves 2 e 9
Punto de encontro: diante do Concello
Hora: 20.30 horas
Duración: 1 hora 
 
2. Visita teatralizada ao Camiño do Encanto. 
• Xullo: domingo 18 
• Agosto: domingo 1, 15 e 29 
Punto de encontro: Oficina de turismo de Ribadeo (desprazamento en minibus gratuíto)
Hora: 10.30 horas
Duración: 2,5 horas
 
3. Visita guiada ao Santuario de Nosa Señora das Virtudes. 
• Xullo: luns 5, 12, 19 e 26 
• Agosto: luns 2, 9, 16, 23 e 30 
Punto de encontro: Santuario de Nosa Señora das Virtudes na Ponte de Arante. 
Hora: 11.30 horas
Duración: 1hora  
 
4. Visita guiada ao “Ribadeo Indiano”. 
• Xullo: mércores 7, 14, 21 e 28. 
• Agosto: mércores 4, 11, 18 e 25. 
 
Punto de encontro: diante da Oficina de Turismo de Ribadeo
Hora: 11.30 horas
Duración: 1hora 
 
5.Visita guiada ao “Ribadeo Ilustrado”. 
• Xullo: venres 2, 9, 16, 23 e 30.
• Agosto: venres 6, 13, 20 e 27.
Punto de encontro: diante da Oficina de Turismo de Ribadeo
Hora: 11.30 horas
Duración: 1  hora
 
6.Visita guiada ao “Ribadeo Antigo”.
• Xullo: sábado 10, 17, 24 e 31 .
• Agosto: sábado 7, 14,21 e 28
Punto de encontro: diante da Oficina de Turismo de Ribadeo
Hora: 11.30 horas
Duración: 1hora 
 
Pablo Vizoso sinalou que “todas estas actividades serán de balde. As prazas son limitadas. É preciso reservar na sección de Momentos na páxina web: turismo.ribadeo.gal As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 982 128 689. Vanse manter todas as medidas hixiénico sanitarias por mor do covid 19”.
 
E engadiu que “para completar esta oferta cultural a partir do 5 de xullo o Concello, en colaboración co alumnado/traballador do Obradoiro de emprego Ribadeo alén do Camiño, mostrará ao público os encantos artísticos do Santuario de Nosa Señora das Virtudes, que conserva un rico patrimonio en pinturas murais tardo-medievais. A ornamentación pictórica levouse a cabo mediante a técnica do fresco”.