O Concello de Cervo convoca un Certame de Narración e Debuxo con Motivo do Día das Letras Galegas.

A edil de Educación, Dolores García Caramés, fíxolle chegar ao alumnado do centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz E IES Marqués de Sargadelos- as bases do concurso convocado pola biblioteca municipal ilustradas nun marcapáxinas  "co obxectivo tamén de incentivar o hábito da lectura".
 
1.- Poden participar todos os/as nenos/as con:
 
A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación:
"O dereito das nenas e nenos a
participar na vida cultural."
Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno.
 
B. Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación:
"O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural."
Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno.
 
2.- Cada autor/a pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do/a autor/a.
 
3.- Establécense tres categorías:
A. ata 8 anos.
B. de 9 a 11 anos.
C. de 12 a 16 anos.
 
4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 7 de maio, debendo ser entregados polos autores/as nas BIBLIOTECAS MUNICIPAIS.
 
5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.
 
6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do certame convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
 
7.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.