Do 22 de xaneiro ao 19 de febreiro poderase ver na sala de arte da Casa da Cultura, de Burela, unha mostra fotográfica sobre o alfombrismo galego, segundo informa a asociación cultural Burela Floral.
Enmarcada dentro das actividades do primeiro foro de Galicia de patrimonio inmaterial, a exposición mostra as actividades realizadas durante o primeiro ano da federación galega de alfombristas e na que os alfombristas de Burela participaron.
O horario da sala é de luns a venres de 11 a 13 horas polas mañás e de 18 a 20 horas por las tardes.
A inauguración será este venres, día 22, ás 18.30 horas, un acto que se fará sen publico debido ás restricións e ao aforo limitado.